Desde este sábado a hostalería pechará ás 23,00, pero poderá despachar pedidos ou entregar a domicilio ata a 1 da madrugada

20 Agosto 2021


As novas restricións por covid prohiben utilizar barras nos locais hostaleiros en nivel alto e medio, e no medio-baixo, só para pedir e recoller consumicións.


Os locais hostaleiros galegos non poderán servir ao público máis aló das 23,00 horas, aínda que terán a posibilidade de estender este horario ata as 1,00 horas para despachar pedidos a domicilio –recollida no local ou entrega aos clientes–.

Esta é unha das novas medidas que entrarán en vigor para a hostalería ás 00,00 horas do 21 de agosto e que se manterán, en principio, ata o 4 de setembro, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado na tarde deste venres.

A hostalería das localidades en nivel máximo poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co 50% da capacidade máxima permitida. Estes establecementos permanecerán pechados ao público para o consumo no interior do local.

Nos concellos en nivel alto, a hostalería poderá realizar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co 75% da capacidade máxima e, en interiores, cunha ocupación do 30%. Nestas localidades, non se poderá prestar servizo na barra.

Os veciños de localidades en nivel medio poderán acudir aos establecementos hostaleiros para servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co 100% da capacidade máxima, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 50%. Aquí tampouco se poderá prestar servizo na barra.

En canto ao nivel medio-baixo, a hostalería poderá prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co 100% da capacidade máxima permitida, así como no interior, cunha ocupación do 75%. Nestas localidades si se poderá utilizar a barra, pero só para solicitar e recoller consumicións, non para realizar o consumo nela.

Respecto a os horarios, Sanidade matizou que os locais non poderán admitir a novos clientes máis aló das 00,00 horas e que, aqueles que acudan a recoller algún pedido, deberán permanecer no interior o “estritamente necesario”.

Recalcan tamén que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e 10 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
O DOG recolle ademais modificacións para o sector do lecer nocturno. Os locais nocturnos das localidades en nivel medio poderán prestar servizos de terraza ao 75% da súa capacidade e ao 50% en interior; mentres que aqueles en nivel medio-baixo, tamén poderán servir no interior ao 50% pero ao 100% en terraza.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.