Comeza a instalación das pezas de madeira da pérgola do parque infantil cuberto de Boiro

04 Agosto 2021

O parque infantil da praza de Galicia de Boiro está a ser obxecto esta tempada dunha serie de importantes melloras, entre as que se conta a instalación dunha cuberta con iluminación solar fotovoltaica. Esta actuación está valorada en 247.740,25 euros e execútase mediante o financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único Concellos (POS+).

O Concello explicou que estes días comezou a instalación da pérgola de madeira que conforma a estrutura do parque infantil cuberto da praza de Galicia. As trabes de madeira laminada de abeto branco contan cos certificados ISO 9001 de Xestión, o Certificado de garantía de rastrexabilidade do produto e o Certificado de estabilidade, constancia e durabilidade das prestacións dos produtos fabricados de ENAC, explicaron fontes do Goberno local, engadindo que a empresa fabricante, a cántabra Yofra S.A., conta con numerosos premios pola realización de proxectos singulares polo traballo con madeira.

A pérgola, duns 22×32 metros, irá pechada con laminas de policarbonato e servirá de acubillo para o parque infantil, a parada de autobús e o acceso ao estacionamento municipal e baños públicos dende a praza de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.