“Coma unha vinganza: lévannos, veñen” Antón Luaces

10 Agosto 2021

Disque son 25 os arrastreiros peláxicos estranxeiros que faenan decote no caladoiro Cantábrico Noroeste baixo pavillón irlandés ou francés (maioritariamente os de Irlanda) e coas bendicións de papá UE. Vinte e cinco pesqueiros que, con redes peláxicas largadas, causan verdadeiros estragos a non moita distancia dos boniteiros con base en portos de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. 
Calquera animal mariño ao seu alcance, enmalla neses aparellos asasinos e queda esnaquizado de xeito clamoroso. E aínda así, o venden, Ou, mellor dito: aínda así o compran.
Quen?. Dende logo non unha peixería, porque a estas o cliente esíxelles calidade, frescura e boa apariencia no produto que merca. Non séi se todos os compradores esixen o mesmo nas lonxas nas que ese peixe destrozado se vende en subhasta pública que, polo que se pode comprobar, ninguén controla verdadeiramente.Polo tanto, peixe en malas condicións, carente de trazabilidade, pero que vai ser vendido, dunha ou doutra maneira, a un consumidor que non ten nin a máis mínima indicación efectiva de que é o que en realidade consume.
Un bonito que reportará beneficios a unha frota cuxos armadores posiblemente feliciten aos seus gardacostas cando reteñen e sancionan a barcos españois que, por calquera motivo, cometeu unha infración en augas de Francia ou Irlanda; pero que nin dan un chío cando en España se denuncia que, barcos coa súa bandeira, entran en augas a eles prohibidas de España. É dicir: non respectan as doce millas xurisdiccionais españolas que, a diferencia das francesas e irlandesas, non patrullan os gardapescas españois e así nos vai. Tampouco para exercer este control que se esixe, utiliza a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) o dron que vixía as costas galegas para o servizo de salvamento marítimo español SASEMAR. E, que se saiba, as embarcacións encargadas de controlar as augas españolas en materia pesqueira nin avisan nin sancionan os incumprimentos deses barcos comunitarios non españois.
Vinte e cinco barcos poden causar moito dano. Irreparable, cando a campaña do bonito está a piques de rematar para a frota de baixura do caladoiro Cantábrico Noroeste.Pero non pasa nada. Todo vai ben.
E falando de ir ben: no golfo Ártabro, esta maltratada frota de baixura,os cerqueiros galegos, vése recompensada agora pola nai Natureza que lles manda ás augas ártabras as que, en teoría, son as últimas mostras da súa prodigalidade en materia de bocarte (bocareu ou anchoa, como prefiran denominar a esta saborosísima especie de peixe) no que queda deste ano.Medio cento de barcos pescando bocarte ata o tope máximo diario na última semana. Un maná que mitiga a dór que produce comprobar como os encargados de manter en condicións a escasa plataforma española se limitan a lér ou escoitar as queixas dos mariñeiros pola actuación de barcos con irresponsables a bordo que son quen de entrar en augas españolas das que fuxen prestamente cando advirten que hai barcos  desta costa Norte que non dubidan en poñer proa a eles para lles facer fronte e botalos das augas nacionais, cousa que non fan os teóricos encargados de o facer oficialmente.
Eles -irlandeses e franceses- levan o bonito maltratado, e o mar cédelles aos cerqueiros galegos unhas toneladas de bocarte coas que levar algo de carto ás contas correntes (que outros teñen ben gordochas non seus países de orixe ao abeiro da Unión Europea que lles consinte o uso de artes que España prohíbe aos seus).Hai quen dí que o mar, ao igual ca Deus, apreta pero non afoga, O malo é que sempre apreta aos mesmos, que son os que rematan malamente.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...