“Colonialismo natural” – José Manuel Pena

23 Agosto 2021

Por mor dos últimos acontecementos que se viven en Afganistán e outros moitos países do mundo póñense de manifesto, unha vez máis, os intereses económicos e xeoestratégicos dos países máis ricos (principalmente de EE.UU, Gran Bretaña, Francia) á conta da inestabilidade, os conflitos bélicos e a miseria dos países máis empobrecidos e cun importante número de recursos naturais.

A comunidade internacional é cada vez máis elitista e defensora dos intereses particulares de certos países e as súas empresas multinacionais. A vida das persoas non ten ningún valor fronte á prioridade e o despropósito de poder conseguir os seus obxectivos.

A empatía e a solidariedade brillan pola súa ausencia cara aos países do denominado terceiro mundo. En occidente presumimos de avanzados e de ser exemplo de liberdade e democracia pero que non somos capaces de transmitir ou de exercer os devanditos valores cando imos traballar neses países.

Consideramos a esas persoas como inferiores e utilizámolas para conseguir os nosos obxectivos. Preferimos as súas situacións precarias, de vulnerabilidade e de falta de liberdade para impor o noso colonialismo natural, económico e empresarial. A vida desas persoas nada importa fronte ás nosas metas persoais e profesionais.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.