Chega esta finde a sétima edición da Festa do Polbo de Palmeira

25 Agosto 2021

Logo da cancelación do ano pasado, por mor da COVID, esta finde retómase a Festa do Polbo de Palmeira, sétima edición. Celebrarase no recinto portuario da localidade. O evento foi presentado este 25 de agosto polos concelleiros Emilio Pérez Outeiral, María Sampedro e Ramón Doval.

A cita desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29 de agosto e contará “cun completo calendario de actividades complementarias”, segundo fixeron saber na cita cos medios. A preparación do cefalópodo correrá a cargo unha vez máis do célebre polbeiro Manuel Veloso, estando prevista a apertura de portas para as 12 do mediodía do sábado.

Mesas para grupos reducidos

Segundo confirmaron, a diferenza de convocatorias anteriores, na carpa instalada na explanada non se colocarán as habituais mesas corridas senón que haberá mesas para grupos reducidos de acordo coa normativa sanitaria anti-COVID.

Tanto o sábado como o domingo ás 12 do mediodía haberá sesión vermú amenizada pola charanga Os Santiaguiños de Padrón. O pregón está previsto para as oito da tarde do sábado e será pronunciado polo maxistrado do Tribunal Supremo José Alberto Fernández Rodera. Antes e despois desta intervención actuará a cantante Thais Suki, en tanto que a partir das 21.30 horas será a quenda de Os Bugis no marco da programación das Rúas Musicais.

En canto ao domingo, a partir das 21 horas terá lugar a gala Camiño das Estrelas que tanto éxito tivera o verán pasado en Aguiño e que nesta ocasión contará coas actuacións de As Voces do Camiño (entre as mesmas, a da ribeirense Ana Paz), a acróbata Juliette, o mago David Maestro e os bailaríns de Grow As Ohana. A entrada é libre ata completar aforo.

A cita está organizada polo Concello de Ribeira coa colaboración dos bares A de Alejandro, Baluarte e Manolo o do Café e a comisión de festas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...