Boiro pon este sábado o broche ao verán cultural cunha gran tirada de fogos artificiais, concertos e actividades

28 Agosto 2021

O Concello de Boiro fará este sábado 28 de agosto a tradicional tirada de fogos artificiais na praia de Barraña. O espectáculo pirotécnico, que tivo que ser adiado durante os festexos do verán pola previsión de choiva, realizase ás
00.00 horas na madrugada do sábado ao domingo.
A tirada de fogos artificiais realizase na ultima fin de semana de agosto como complemento das actividades culturais que dende o departamento de Cultura se organizaron para poñer fin á programación de verán. Como cada ano, a tirada de fogos conta coa colaboración de Jealsa.
Ademais do espectáculo pirotécnico, o programa de actividades da fin de semana inclúe un concerto de Heredeiros da Crus, que se desenvolve no marco do festival Paisaxes Sonoras que organiza a mancomunidade Barbanza Arousa, e será o venres ás 20.00 horas en Curvera (Cabo de Cruz). As entradas están xa esgotadas.
O sábado pola mañá na praza da Terceira Idade terá lugar a feira Eco- lóxica de Saberes e Sabores, con postos de produtos de proximidade e artesanía e actuacións da banda de música Unión de Lantaño ás 11.00 horas e
teatro para público infantil con Iseo a Moura ás 13.00 horas. Pola tarde, ás 21.00 horas na praza de A Boqueira de A Negral, terá lugar o concerto de Los Secretos, dentro do ciclo A Orixe.
Ás 00.00 horas vaise realizar na praia de Barraña a gran tirada de fogos artificiais que serve como colofón da programación do verán cultural 2021. O domingo, ás 21.30 horas a carón da lonxa de Cabo de Cruz, vaise realizar a
estrea do documental Maraxe, realizado por Pablo Chouza, e que mostra os 40 anos de historia do Club de Remo de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...