Boiro Novo crítica “a parálise do Goberno local” e urxe a desbloquear a execución das obras do Clube de Remo

05 Agosto 2021

Dende Boiro Novo amosan a súa preocupación pola situación de parálise na que se atopa o Concello. A maioría dos proxectos aprobados polo pleno da corporación están,din, sen executar, e os que si se chegan a iniciar, execútanse a un ritmo extremadamente lento. Mentres tanto ven como o goberno do PSOE perde o tempo en xustificar esta parálise con cortinas de fume como mocións de confianza e panfletos propagandísticos que custan aos boirenses miles de euros.
Un dos exemplos desta situación “de parálise” son, segundo Boiro Novo, as obras da nova sede do clube e remo, paradas por falta de financiamento: “Xa hai máis de 1 mes que lle trasladamos ao goberno do PSOE que proxectos da envergadura e urxencia como este non deberan de estar suxeitos a outras estratexias, nin mercadeos políticos, debéndose traer ao pleno por separado, en un punto específico da orde do día para facilitar de forma áxil e precisa o seu tramite de aprobación e non como un simple apartado dunha morea de obras varias”. E engaden: “O Goberno non pode seguir perdendo o tempo en operacións de marketing e propaganda partidista buscando pasar a pelota ao tellado de outros cando cando é a súa respansabilidade e existen fórmulas de sobra para sacar estes proxectos urxentes adiante. Xa pasou o mes de xullo sen que o PSOE convocase o pleno municipal, desaproveitando unha oportunidade de ouro para avanzar neste aspecto e rematar dunha vez estas necesarias instalacións para o club de remo. Por iso dende a nosa asemblea instamos ao goberno que se centre mais nas obras que hai pendentes e menos en perder o tempo, declaracións de intencións, cortinas de fume e outras extratexias políticas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...