Boiro busca a implicación da veciñanza para a elaboración do Plan de acción para o clima

O Concello de Boiro elabora un Plan de acción para o clima e a enerxíansustentable (PACES), unha acción que ten como obxectivo elaborar unndocumento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivosnmedioambientais e que sirva de folla de ruta contra o cambio climático dende onConcello. Para a elaboración deste documento vén de crearse unha enquisa conobxectivo de recoller información por parte da veciñanza para o deseño destenPlan.
O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable é unhaniniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorioncompromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello denBoiro adheriuse en 2019 con compromisos como o de reducir as emisión denCO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxíasnrenovables.
Como punto de partida para a redacción do documento vaise trazar unhanestratexia global na que se van incluír os obxectivos do mesmo. Para iso, énpreciso coñecer as características xeográficas, históricas, socioeconómicas e
demográficas do entorno e tamén coñecer cal é a percepción da cidadaníansobre determinados aspectos medioambientais.
Para levar a cabo este proxecto, o Concello de Boiro conta co apoio danConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia entamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión
Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxíansustentable.