As mulleres e colectivos vulnerábeis de Boiro poderán formarse en soporte de tecnoloxías da información

11 Agosto 2021

A aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece formación gratuíta para obter o certificado profesional para soporte de tecnoloxía da información. O curso, orientado a mulleres ou colectivos vulnerábeis, vaise impartir de forma telemática na aula CeMIT entre os meses de setembro e novembro en horario de mañá.

Trátase dunha actividade formativa organizada en cinco módulos que se organizan do seguinte xeito: Aspectos básicos da asistencia técnica; Os bits e bytes das redes informáticas; Sistemas operativos: converterse nun usuario avanzado; Administración de sistemas e servizos de infraestrutura de IT; e Seguridade Informática: defensa contra artes escuras dixitais.

Toda a información sobre esta actividade formativa na aula CeMIT do Concello de Boiro, de xeito presencial no 1º andar do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.