As aventuras de Don Gelati chegan este 27 de agosto a Cespón

24 Agosto 2021

O lugar de San Roque, en Cespón (Boiro), vai acoller este venres 27 de agosto un espectáculo para público infantil e familiar: 10 anos de Don Gelati, a cargo de Dani García. A cita será ás 20.30 horas. O espectáculo, abeirado ao Verán Cultural (completo programa de espectáculos estivais impulsado polo Concello en colaboración coa Deputación), terá novamente capacidade limitada e, quen queira entradas, deberá reservala a través da web municipal.

Don Gelati constitúe un sorprendente menú de maxia que nos pon ante as dificultades dun vendedor de xeados que chega un día de sol chega á praza dunha vila, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza, “unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.