Arredor de 70 nenas e nenos participaron no campamento de conciliación organizado polo Concello de Boiro

31 Agosto 2021

O Concello de Boiro puxo remate este luns 30 de agosto ás actividades do campamento de conciliación que organizou a Concellaría de Educación durante este verán. No campamento, segundo se fixo saber, participaron uns 70 nenos e nenas. O edil Marcos Fajardo estivo na mañá deste luns cos cativos participantes para a clausura desta edición.

O campamento deste ano estivo dirixido a rapazada escolarizada de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Contou con dúas alternativas horarias combinábeis, co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións de verán. Por un lado constou do servizo Boiro Madruga, ao que asistiron 20 nenos e nenas en horario de 8.00 a 10.00 horas, e polo outro o Campamento Verán, no que se cubriron as 70 prazas, e se desenvolveu en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O obxectivo desta actividade é “facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexíbeis, así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre para as crianzas participantes adaptada á súa idade”. As actividades que se desenvolveron no marco deste campamento baseáronse en técnicas paliativas e activas, adaptadas á normativa e medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.

Durante a súa visita, o concelleiro tivo a oportunidade de coñecer como se organizan as aulas, en “grupos burbulla” repartidos por idades, e de que os nenos e nenas lles explicasen as actividades que realizan e como é o seu día a día durante o verán no campamento.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.