“Ao servizo das persoas”. José Manuel Pena

27 Agosto 2021

Vivimos un período de crise económica, laboral, social e de valores. Evidentemente non é nada novo xa que, ao longo da historia, padecérona moitos pobos e países en todo o planeta, algúns deles sófrena de maneira permanente. Por iso todo vale con tal de cambiar as cousas achegando ideas innovadoras ou proxectos políticos e sociais diferentes.

O peor é que, calquera cidadán de a pé de maneira obxectiva e nada partidista pode observar como, cada vez, o máis rico faise máis rico e o máis pobre ten cada vez menos recursos. Os gobernantes mesmo se atreven a recortar en dereitos fundamentais (sanidade, educación, traballo, vivenda, pensións?) baixo a desculpa de que hai que aforrar e cadrar as contas.

Moitos cremos que a cuestión é ben diferente. Habería que saber xestionar os recursos públicos de maneira eficiente, dando prioridade ás persoas. O Estado actual non pode seguir gobernando para as grandes empresas multinacionais e os círculos financeiros, teñen que estar ao servizo dos cidadáns e as familias humildes, garantíndolles a gratuidade sanitaria, unha educación pública, unha vivenda digna, un posto de traballo acorde á súa categoría profesional. Os cargos públicos teñen que estar ao servizo dos que menos teñen, en función das rendas familiares e os que superen os limiares económicos, establecidos regulamentariamente, que se paguen a sanidade, a educación, a vivenda, etc. Só así poderemos conseguir unha sociedade menos clasista e máis xusta.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...