Amicos forma en operacións básicas de hostalería a 10 mulleres desempregadas

17 Agosto 2021

Este martes 17 de agosto deu comezo en Boiro unha actividade formativa destinada a achegar coñecementos sobre operacións básicas no ámbito da hostalería (restaurantes e bares) a un total de dez mulleres da nosa contorna. A iniciativa desenvolverase ao longo dos vindeiros meses no Centro de Formación e Viveiro de Empresas do Concello de Boiro.

O seu obxectivo é fornecer de novas oportunidades laborais “nun sector clave da comarca do Barbanza”.

A acción formativa abéirase ao Programa Integrado de Emprego Amicos 2020/2021, cuxos contidos son impartidos polas técnicas da dita asociación Raquel Barrero Hernández, Rocío Vázquez Fernández, e Ángeles Sampedro Rego.

Para a docencia do devandito certificado cóntase coa colaboración da empresa de formación Recursos Galicia, e da sáa directora Xiana Zapata, que na mañá deste 17 de agosto asistiu á inauguración da iniciativa en Boiro, tendo a Ángeles Sampedro Rego, técnica da asociación, como anfitrioa.

A día de hoxe, o programa integrado da Asociación Amicos leva prestadas máis de 600 sesións de orientación, con máis de 800 horas de formación e xa leva acadadas un 40% de inserción laboral das participantes. Nas vindeiras datas iniciarase unha formación no ámbito da limpeza no concello de Ribeira.

Segundo explica Amicos, os programas integrados de emprego, son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral que se estenden ao longo dun período de 12 meses e que achegan contidos a persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa, financiado polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, estará en funcionamento ata o vindeiro mes de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.