Álex Vidal, na busca dunha patada que tombe as portas de Toquio

06 Agosto 2021

Pedro Pérez.- Os Xogos Paralímpicos de Toquio agardan por Álex Vidal (Ribeira, 1981), quen buscará a medalla de ouro en para-taekwondo, unha disciplina estará presente por primeira vez este ano. O deportista ribeirense pon rumbo a Xapón logo de recibir a medalla de ouro de Ribeira, nun acto no que foi despedido por centos de veciños.

O alcalde Manuel Ruiz na despedida-homenaxe a Álex Vidal celebrada esta semana

Álex Vidal, a pesares de ser catro veces campión mundial e europeo de para-taekwondo, ten unha curiosa historia detrás dos seus comezos na disciplina. O deportista galego empezou competindo con xente sen ningún tipo de discapacidade, debido a que neses momentos non existía a disciplina adaptada. Juanlu, seu adestrador desde os inicios, foi quen o animou a que practicara o deporte, logo de ver nel un potencial que co tempo se confirmaría. Foron moitos os combates que tivo que perder contra os seus compañeiros para rematar converténdose no deportista que é a día de hoxe.

Antes de dar o paso ao para-taekwondo competiu en diferentes campionatos de prestixio, logrando fitos históricos e irrepetibles para calquera outro ser humano. No 2008 acadou o terceiro posto no Campionato de Galicia absoluto e no 2009 foi subcampión. Tamén logrou o cuarto posto no Campionato de España de clubs. O 2009 foi o ano no que Vidal cambiaría a historia, anotándose por primeira vez na disciplina de para-taekwondo.

O primeiro revés para Álex chegaría no primeiro Campionato Mundial de para-taekwondo, celebrado en Bakú (Azerbaiyáns) tras volver co subcampionato, un posto de gran valor, pero non suficiente para un competidor nato como o ribeirense. Ao ano seguinte volveu a competir en Rusia, logrando de novo a medalla de prata, un feito que fixo que Parada chegase a propoñerse se “servía para isto”. Só era cuestión de tempo. Aruba 2012, Suiza 2013 e Moscova 2014 foron os tres títulos do mundo consecutivos, que alzaron ao taekwondista ata o máis alto do deporte mundial.

Agora, Álex Vidal, acompañado do súa toalla da sorte, un amuleto que recibiu de regalo por unha compañeira e que ten serigrafiado o seu nome, viaxa a Toquio coa intención de poñer a guinda ao pastel. O ribeirense buscará colocar unha patada que tombe as portas dos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.