Álex Vidal recibe a Medalla de Ouro de Ribeira entre centos de veciños na véspera da súa marcha a Toquio 2020

04 Agosto 2021
Álex Vidal recibe a Medalla de Ouro de Ribeira. Autoridades

Acompañado de centos de persoas, Alex Vidal acaba de recibir na praza de España a Medalla de Ouro do Concello nun acto organizado na véspera da súa marcha á capital de Xapón para participar nas Paraolimpiadas de Toquio 2020.
O evento arrancou baixo os acordes da Marcha do Antigo Reino de Galicia para dar paso a continuación ás palabras de benvida da primeira tenente de alcalde María Sampedro. Tomou a palabra Juan Luis Martínez, do Natural Sport, quen manifestou que este un dos días máis felices da súa vida e tivo palabras de recoñecemento ao traballo doutros compañeiros como Adrián Jiménez, Raúl Bouzas, Luis Casais ou José Francisco Agrelo para que Álex vaia ben
preparado á súa experiencia olímpica.


O alcalde Manuel Ruiz afirmou na súa intervención que independentemente do que poida facer en Toquio “Álex é medalla olímpica dende a súa infancia”, posto que “é un exemplo de superación e de non querer nunca por debaixo de ninguén porque o seu esforzo ía facer á altura de calquera”. Destacou que para apoiar os deportes de combate A Fieiteira vai contar cun centro de tecnificación co-financiado por Concello e Xunta. “Moitas grazas polo que nos tes dado e oxalá nos poidas dar algo máis, aínda que só sexa de bronce de prata ou de ouro”, rematou.

Álex Vidal recibe a Medalla de Ouro de Ribeira. Entrega do diploma


Despois de manifestar que cando perdía sempre recibiu ánimos dos seus veciños, o tetracampión mundial e europeo Álex Vidal compartiu a promesa de que “o día 2 de setembro voume deixar ata a última gota de suor por deixar esta cidade no máis alto”. Tivo palabras de admiración para Ana Peleteiro, a primeira medalla na historia do municipio, e para María Vilas, a primeira olimpista. Tamén eloxiou o seu equipo e en especial ao ribeirense Lois Tomás, que viaxa con el. O evento terminou co Himno Galego e unha foto de familia das autoridades presentes co homenaxeado.

Álex Vidal recibe a Medalla de Ouro de Ribeira. Recibimento

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...