Accidente en Boiro a media tarde cunha ferida. En Muros unha muller resultou ferida o caer desde un balcón

Bombeiros Boiro

A media tarde rexistrouse un accidente de coche na autovia da Barbanza. A colisión produciuse nas proximidades da saída da AG-11 en Vilariño. Os vehículos implicados ían cara Ribeira cando un deles embistió por detrás ao que lle precedía. Os turismos quedaron cruzados no medio da calzada, obstaculizando a circulación. De inmediato desprazáronse ao lugar o equipo de emerxencias municipal de Boiro, a Policía Local, os bombeiros e a Garda Civil de Tráfico. Dos ocupantes dos coches accidentados resultou ferida unha muller, que foi trasladada ao hospital comarcal de Barbanza

A colisión obrigou a intervir unha Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro.

Accidentes y noticias

Por outra banda unha muller resultou ferida ao precipitarse desde unha altura duns catro metros en Muros aínda que aparentemente as súas lesións non revisten gravidade. Os feitos ocorreron pouco antes das seis desta tarde cando a muller saíu a un balcón da súa vivenda e apoiouse na varanda, que cedeu, provocando que se precipitase. Ao lugar do accidente, en Uhía en Esteiro, acudiron efectivos do GES de Muros, a Policía Local e unha ambulancia do 061 que trasladou á ferida ao Hospital Clínico de Santiago. A pesar da altura desde a que caeu, a muller, de 47 anos de idade, estivo consciente en todo momento e o seu estado non era preocupante.