A Xunta destaca o papel de eventos como a Regata Mar de Fisterra e o VII Trofeo Pitusa Sabín para impulsar a náutica recreativa en Galicia

22 Agosto 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na entrega de premios da XXXIII Regata Mar de Fisterra e o VII Trofeo Pitusa Sabín, uns eventos organizados polo Real Club Náutico de Portosín que contribúen achegar a náutica recreativa ao conxunto da cidadanía e a impulsar este sector en Galicia. Os galardóns veñen a recoñecer os resultados obtidos nas dúas xornadas de regatas desenvolvidas entre onte e hoxe, nas que participaron arredor de 25 embarcacións combinando probas deportivas entre trazados costeiras e mangas ao vento.

Esta regata, organizada polo Real Club Náutico de Portosín, tamén puntúa para a VI Regata Rey Juan Carlos e é ademais a segunda a ter en conta de cara o Trofeo Presidente Xunta de Galicia. Na xornada do sábado os barcos de clase regata e cruceiro-regata completaron un percorrido de 40 millas náuticas pola costa e os da clase cruceiro realizaron unha travesía de 10 millas polo interior da ría de Muros e Noia. Hoxe celebráronse dous percorridos ao vento, de tipo barlovento-sotavento, de máis de seis millas cada un.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...