A Policía de Ribeira neutraliza dous botellóns en Corrubedo e Palmeira

11 Agosto 2021

A Policía Local de Ribeira informou este 11 de agosto de varias actuacións levadas a cabo nas parroquias en materia de seguridade cidadá e anti-COVID. En concreto, as actuacións desenvolvéronse en Corrubedo e Palmeira, onde se procedeu a neutralizar dúas festas ilegais de madrugada.

Así, pasada a unha e media, axentes da Policía Local detectaron un grupo de rapaces que estaban a celebrar un botellón con mesas en cadeiras en Corrubedo na entrada da vila, nas proximidades da rúa Buenos Aires. No operativo (no que tamén participou o Corpo Nacional de Policía) deuse orde de recoller todo o material disposto polos participantes e identificouse a algúns dos asistentes en cumprimento das medidas preventivas determinadas polas autoridades sanitarias.

Ademais, a Policía Local foi avisada doutra festa na praia da Corna, en Palmeira. No momento de chegar, catro rapaces escaparon á carreira deixando no lugar do evento ilegal diversas bebidas alcohólicas que os axentes procederon a depositar no correspondente contedor.

Intento de roubo

Así mesmo, entre as cinco e as seis da mañá acudiron á parroquia de Castiñeiras por un intento de roubo nun bar no que, grazas a unha chamada do 112 e tamén de veciños que sentiron romper un cristal, sorprenderon a dúas persoas. O operativo fíxose en colaboración coa Policía Nacional, abríndose as correspondentes dilixencias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...