A Pobra foi novamente unha das etapas estrela da Regata Mar de Maeloc

12 Agosto 2021

Os 51 veleiros participantes na Regata Mar de Maeloc/58ª Rías Baixas arribaron na tarde deste 11 de agosto ao Náutico da Pobra do Caramiñal, completando así a segunda etapa con saída dende Combarro. Alí foron recibidos pola concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); José Antonio Portela, presidente do Real Club Náutico de Vigo; e Jorge Alonso, subdirector xeral de Maeloc.

Durante a quenda de intervencións, a edil expresou o seu agradecemento por elixir un ano máis ao municipio como etapa do circuíto.

O acto coincidiu tamén coa entrega de premios ás embarcacións gañadoras da segunda etapa, quedando os resultados da seguinte maneira: Clase Open 2 (Nahela), Clase Open 1 (Txole), Clase 4-5 (La Burla Negra), Clase 3 (Bosch Services) e Clase 1-2 (Aceites Abril).

Logo, cada un dos barcos recibiu unha bolsa de agasallos, cortesía do Concello, composta por material de promoción do turismo, conservas de Ramón Franco (doadas pola propia empresa) e un viño da Denominación de Orixe Terra de Barbanza e Iria.

A travesía continuará na xornada deste xoves 12 de agosto coa terceira etapa A Pobra do Caramiñal-A Pobra do Caramiñal para, finalmente, proceder coa cuarta e última, A Pobra do Caramiñal-Vigo, lugar que constituíu o porto de saída e a primeira etapa unindo a cidade olívica con Combarro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...