A pista do Touro acollerá ao primeiro torneo de tenis CONGALSA

O Concello de Ribeira en colaboración co club de tenis Punta Salera e a sección de tenis da ACD AS MIÑOTEIRAS organizará o Primeiro Torneo de Tenis Congalsa.
O torneo consta de categoría masculina e feminina, disputarase as fins de semana do 21-22 e 28-29 deste mes de agosto.
En categoría masculina o cadro fase final disputarano 16 xogadores, dos cales 4 accederán procedentes dun torneo local que se disputará do 13 ao 20 de agosto.
Os 12 restantes accederán por clasificación .
As inscricións para este torneo local estarán abertas ata o día 12 de agosto nos teléfonos 691 203 243 e 606 378 000.
En categoría feminina o cadro é de 8 xogadoras. En total repartiranse un total de 300 euros en premios (150 euros masculina/150 euros feminina).
Torneo A Toxeira
O tradicional torneo que organiza a ACD AS MIÑOTEIRAS atópase no seu tramo final, disputando as semifinais
ALBERTO PENA- CHARRASCAS MANOLO VAZQUEZ-IKER A final disputarase na A pista da Toxeira (Olveira) o día 14 de agosto.
Clausura ligas
Ese mesmo día entregaranse os trofeos de liga e copa da última tempada do torneo de inverno que organiza esta asociación, que foron gañados por ALBERTO PENA, gran dominador dos cinco últimos anos dunha liga que xa alcanzará na próxima tempada a súa 20ª edición.