“!A casa¡”. Antón Luaces

​Pablo Costas Villar, capitán do pesqueiro somalí “Cobija”, xunto con parte da tripulación deste buque, abandonaron o mesmo a bordo dun microbús, con destino a un hotel próximo ao porto de Al Mukalla no que permanecían retidos desde o 26 de setembro de 2020 sen que mediase explicación algunha do motivo polo que se dictaba esta orde de permanecer no “Cobija”. Agora agarda no hotel, co pasaporte persoal no seu poder, a que se formalice esta mesma semana a saída cara ao Cairo, capital de Exipto, e de aquí a Vigo, vía Madrid. Aínda que motivos de precaución -non se pode esquecer que o Iemen en un país fallido que vive unha cruenta guerra civil desde vai sete anos, no que situacións como a de Costas Villar son obxectivos cotiáns para os bandos enfrontados- impiden citar que día emprenderá viaxe rumbo a Exipto, O Barbanza está en disposición de afirmar que, de non presentarse ningunha situación contraria ao previsto, Pablo Costas Villar, viciño de Bueu estará no seu domicilio, coa súa familia, esta mesma semana.

En menos de sete días, Iemen, o país máis pobre de todo o Oriente Medio, sumido como queda dito nunha pavorosa guerra que dura xa sete anos, será só u mal recordo para Costas. Os familiares, os viciños e os membros do sindicato CUT no que milita e que tanto apoio deu e da para a súa repatriación, arrouparán a este mariñeiro galego que por circunstancias -ás que non son alleas as derivadas da pandemia de coronavirus que impediu que atracara antes ca en Al Mukalla noutros portos para desembarcar as capturas de peixe realizadas-  leva xa case que dous anos lonxe da casa, da familia e da veciñanza de Bueu. Agora volve. Sábese que no seu regreso  a  Galicia implicouse directamente o ministro español de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, a quen recurriu a dona de Costas e tamén o fixo en polo menos catro ocasións o asesor da CUT  (Central Unitaria de Traballadoras) Manuel Camaño, para que se tivera en conta a situación cando menos alegal de Costas Villar, sen unha acusación concreta que determinara que procedía dun xulgado iemení. Simplemente se fala dun recurso presentado no seu día por un tribunal local que botaba por terra un anterior doutro xulgado de menor rango; pero sen que constara orde algunha de retención do capitán e os 32 tripulantes do “Cobija”. 

A bordo deste buque continúian, segundo fontes da Federación Internacional de Traballadores do Transporte (ITF), outros once mariñeiros, O resto, ata o total de 32 -peruanos, senegaleses, indonesios e mauritanos– están tamén aloxados en distintos hoteis iemenís.

Non trascendeu tampouco ata o de agora, se en España se vai seguir algún procedemento xudicial contra Pablo Costas pola denuncia no seu día presentada por Australia en Iemen, acusando ao capitán do “Cobija” derealizar pesca ilegal de pescada de fondo ou pescada negra, en teoría xuizo xa celebrado no Iemen do que resultou unha condea de tres meses de reclusión no barco, cumprida en exceso xa que durou once meses.