Rianxo volve ser en agosto a capital galega do jazz

21 Xullo 2021

Rianxo estará novamente no punto de mira dos seareiros do jazz, da man do Concello. O motivo? A celebración da quinta edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo.

Os concertos comezan o 4 de agosto coa actuación do Miro Lamas Quartet e proseguen ao día seguinte, 5 de agosto, da man do Valentín Caamaño Quartet. O venres 6 de agosto será a quenda de Volando Libre e o sábado 7 de Havana Soul. Estas actuacións complementaranse coa mostra Trazos de Jazz, a Visión de Matisse, que é unha ollada á vertente máis jazzística da obra de Henri Matisse. Será no Auditorio de Rianxo, do 2 ao 22 de agosto.

Máis datos en concelloderianxo.gal.

Organiza o Concello de Rianxo, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, do Museo de Artes do Gravado (Ribeira), da Escola de Música de Rianxo e da empresa Cortizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.