Rianxo acolle esta semana a Feira do Libro 2021

20 Xullo 2021

A Feira do Libro Rianxo 2021: Libros no Camiño terá lugar esta semana dende o xoves 22 ata o domingo 25 de xullo. A actividade desenvolverase no Campo de Arriba de Rianxo, e as librerías participantes estarán abertas de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 22:30. A fin de semana e festivos pechan pola mañá ás 14:30.

O municipio de Rianxo acollerá así catro días de homenaxe ao libro, durante os cales levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa feira. Deste xeito, o xoves 22 terá lugar o acto de inauguración da man de Montse Fajardo ás 13 horas, para despois levar a cabo a sinatura de diferentes obras da man de Montse Fajardo (A vida incerta), Arantza Portabales (A vida secreta de Úrsula Bas) e José Carou Rey (Hemisferio auga).

Os seguintes días tamén se realizarán actos de sinaturas das obras de diferentes autores. O venres, Fon asina Gazafellos, Denis Maza La mística de un grano de arena, Patricia Torrado Don Carlos e o misterio dos Lucecús, e Lois Oreiro Os mundos de agora. O sábado Maite Mosconi asinará Gaedheal; Libro I de las invasiones e Sangre e ceniza: Relatos de Gaedheal, Xosé A. Perozo O libro das avoas, Miguel Ángel Otero Para llegar a ti e Helena Villar Janeiro Alba e a Fuga de Guillermo.

Para cerrar a semana da Feira do Libro 2021, acudirán á actividade Juan Galán, Rena Ortega, Rober H.L. Cagiao e Ramón Torrado, a asinar A Romanza de los naranjos en flor, Bo camiño, peregrino! , Cuadernos Azabache e Torino, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...