Rianxo acolle esta fin de semana a Feira do Libro 2021

22 Xullo 2021

Rianxo acolle ata o domingo a Feira do LA Feira do Libro Rianxo 2021: Libros no Camiño terá lugar esta semana dende o xoves 22 ata o domingo 25 de xullo. A actividade desenvolverase no Campo de Arriba de Rianxo, e as librerías participantes estarán abertas de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 22:30. A fin de semana e festivos pechan pola mañá ás 14:30.

O municipio de Rianxo acolle así catro días de homenaxe ao libro, durante os cales levaranse a cabo diferentes actividades relacionadas coa feira. Deste xeito, o xoves 22 terá lugar o acto de inauguración da man de Montse Fajardo ás 13 horas, para despois levar a cabo a sinatura de diferentes obras da man de Montse Fajardo (A vida incerta), Arantza Portabales (A vida secreta de Úrsula Bas) e José Carou Rey (Hemisferio auga).

Os seguintes días tamén se realizarán actos de sinaturas das obras de diferentes autores. O venres, Fon asina Gazafellos, Denis Maza La mística de un grano de arena, Patricia Torrado Don Carlos e o misterio dos Lucecús, e Lois Oreiro Os mundos de agora. O sábado Maite Mosconi asinará Gaedheal; Libro I de las invasiones e Sangre e ceniza: Relatos de Gaedheal, Xosé A. Perozo O libro das avoas, Miguel Ángel Otero Para llegar a ti e Helena Villar Janeiro Alba e a Fuga de Guillermo.

Para cerrar a semana da Feira do Libro 2021, acudirán á actividade Juan Galán, Rena Ortega, Rober H.L. Cagiao e Ramón Torrado, a asinar A Romanza de los naranjos en flor, Bo camiño, peregrino! , Cuadernos Azabache e Torino, respectivamente.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.