Rematadas as obras de reforma e rehabilitación de espazos de uso común no Mercado Municipal de Boiro

07 Xullo 2021

O Concello de Boiro informou do remate das obras para a mellora e posta a punto dos espazos de uso común no Mercado Municipal, que se executaron mediante o co-financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e ascenden a un importe de 48.000 euros. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, e o arquitecto municipal, Emilio Piña, visitaron na mañá deste 7 de xullo as instalacións do mercado para coñecer o resultado final das obras.

As actuacións inclúen a reforma dun local para a súa transformación en vestiarios para os praceiros, o acondicionamento dun espazo para a súa conversión en punto de información e atención ao cliente e tamén a dotación de pérgolas nos accesos do aparcamento público da praza de Galicia que ten acceso directo ao mercado e dá servizo aos praceiros e persoas usuarias.

“Con estas obras”, informou o Concello, “actuouse nun espazo duns 40 metros cadrados na zona de carga e descarga e entrada de traballo para destinalo a vestiarios masculinos e femininos con aseos e duchas de uso exclusivo para os praceiros; ademais adaptouse un lugar de propiedade municipal como punto de información e atención ao cliente que ata o de agora non había”. A actuación que vén de realizarse inclúe tamén a colocación dunhas pérgolas para a protección da choiva na entrada e saída do aparcamento.

O Concello de Boiro segue a traballar por mellorar o Mercado Municipal de Boiro co “obxectivo de adaptar as instalacións e lograr o selo de mercado de excelencia”. Nos últimos meses realizáronse outras tarefas de acondicionamento interior para a mellora da imaxe e dos servizos, como son o cambio de luminarias ou reparacións para o mantemento das instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.