Proseguen na Pobra o 23 de xullo as xornadas para coñecer o mundo marisqueiro

16 Xullo 2021

O vindeiro 23 de xullo celebrarase a segunda das xornadas de turismo mariñeiro programadas para o verán na Pobra do Caramiñal. As persoas participantes achegaranse ata a praia dos Areos para coñecer o labor das mariscadoras, os aparellos que empregan e os bivalvos que medran nos areais do concello.

Organizada pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e pola Asociación Mar da Pobra, estas xornadas terán continuidade no mes de agosto, concretamente os días 6 e 20, na praia dos Raposiños.

O prezo para o desfrute desta experiencia cunha duración de noventa minutos estipúlase nos 12 euros para as persoas adultas e de balde para nenos e nenas menores de 10 anos. O punto de encontro establécese na Oficina do Turismo, situado na Casa Mariñeira, en horario de mañá. As inscricións pódense realizar no propio punto de información turística, a través dos teléfonos de contacto 671 090 262 e 687 482 835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...