Os socialistas de Noia solicitan nomear fillo predilecto a Caetano Horta

15 Xullo 2021
Caetano Horta

O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Noia vén de rexistrar por escrito unha moción para tratar no pleno ordinario de mes de xullo a solicitude para nomear Fillo Predilecto de Noia ao deportista olímpico local, Caetano Horta Pombo.
Os socialistas, consideran “un feito histórico” que un deportista local vaia participar nos Xogos Olímpicos que se celebrarán nas vindeiras semanas en Tokio, e queren mostrar todo o seu apoio e recoñecemento aos esforzos e sacrificios que supón competir a un nivel tan alto, co nomeamento por parte da Corporación municipal de Caetano Horta Pombo como Fillo Predilecto da vila de Noia.

O voceiro socialista Roberto Iglesias indica que este nomeamento ” é a mellor maneira de apoiar ao noso deportista, e demostrar a ilusión e orgullo que supón para toda a veciñanza de Noia esta participación de Caetano na cita olímpica. Levando o nome da vila internacionalmente ata terras xaponesas, logo de participar e acadar resultados excepcionais en campionatos europeos e mundiais.”
O G. Municipal Socialista agarda que toda a corporación apoie esta medida, e poder realizar o nomeamento unha vez rematen os Xogos Olímpicos nunha cerimonia na que poida participar a cidadanía de Noia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.