Os descontos na AP-9 entran en vigor este xoves. Aviso de posible conxestión nos accesos a Vigo

28 Xullo 2021

Os descontos na AP-9 entran en vigor este xoves e o decreto prevé problemas de conxestión no acceso a Vigo


O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores o decreto polo que se modifican certos termos da concesión administrativa para a construción, conservación e explotación da Autoestrada da Atlántico AP-9, que recolle a rebaixa “histórica” nas peaxes debido ás bonificacións que habilita o Goberno central.

A medida entra con efectos desde o día seguinte ao da súa publicación” no BOE, é dicir, desde este xoves.

A AP-9 conecta cinco das sete cidades máis importantes de Galicia, o que supón un 60% da poboación e ademais ten conexión con portos e aeroportos.

Os traxectos da AP-9 son na súa maioría metropolitanos foron realizados por vehículos lixeiros 95,3 millóns de tránsitos durante o ano 2019. O resto, 7,54 millóns, corresponde a vehículos pesados.

A bonificacións afectarán ós vehículos lixeiros que poderán realizar en todos os traxectos a viaxe de volta de forma gratuíta utilizando dispositivos de telepeaxe, sempre que se faga nun prazo máximo de 24 horas. Aplicarase todos os días, incluíndo festivos. O percorrido de volta debe ser igual ao de ida. Tamén haberá unha bonificación adicional do 50 por certo do percorrido de ida para aqueles usuarios que realicen nun prazo máximo de 24 horas dous percorridos iguais (mesma orixe e destino) e de sentido contrario dentro do tramo Puxeiros (Vigo)-Tui e viceversa, en días laborables e festivos.

Os percorridos internos no tramo Redondela-Vigo que realicen o mesmo traxecto de ida e volta nun prazo de 24 horas terán unha bonificación do cento por cento.

Farase unha rebaixa do 20% do importe pago en todos os percorridos realizados nun mes, a contar desde o percorrido inicial, para os que fagan máis de 20 viaxes no devandito período. Contabilizarase como un desprazamento o conxunto de percorridos realizados nun mesmo día e nun mesmo sentido de circulación, calquera que sexan as entradas e saídas parciais rexistradas dentro do mesmo.

Pola súa banda, os vehículos pesados terán un desconto do 20% do importe de peaxes en todos os percorridos e todos os días, e poderanse beneficiar da gratuidade do percorrido Redondela-Vigo, incluíndo o acceso ao porto de Vigo.

Pola súa banda o presidente Feijóo cualificou de “excelente noticia” a rebaixa de peaxes na AP-9, pero cree que queda curta nos vehículos pesados declaracións que recollimos en O Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....