Feijóo cualifica de “excelente noticia” a rebaixa de peaxes na AP-9, pero cre que queda curta nos vehículos pesados

27 Xullo 2021


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de “excelente noticia” a rebaixa de peaxes na AP-9 aprobada este martes polo Congreso de Ministros, pero considera que queda curta e lamentou que o Goberno non escoitase a petición do Executivo autonómico no que respecta a os descontos para vehículos pesados.

“A bonificación é unha excelente noticia para Galicia mírese como se mire. Levabamos moito tempo traballando co Goberno de España, mantivemos dúas reunións co anterior ministro e o seu equipo, e en xullo estarán activadas as bonificacións. Parece ser que chegamos en xullo, o último día, pero en xullo”, reflexionou.

En declaracións aos medios na Gudiña , o presidente lembrou que se “atenderon” propostas da Xunta, “a principal” a relativa a que os descontos se fagan non dentro das viaxes que se realizan no mesmo día, senón dentro das últimas 24 horas, unha cuestión clave, por exemplo, para traballadores que usan esta infraestrutura e traballan a quendas.

Con todo, considerou “un erro” e “a deficiencia máis importante” da formulación do Ministerio que non se atendese a petición do Goberno galego en relación aos vehículos pesados, que lamentou “teñen unha discriminación negativa porque os seus descontos só ascenden ao 20% mentres que no transporte privado e vehículos lixeiros chega ao 50%”.

“Creo que é un erro”, insistiu Feijóo, quen, en todo caso, asegurou que a decisión adoptada este martes supón “unha excelente noticia”. “Congratulámonos de que, por fin, salga adiante o primeiro acordo da comisión bilateral entre Goberno e Xunta en materia de infraestruturas”, apuntou.

O presidente Feijóo na Gudiña

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.