Os cineastas mexicanos Juan Carlos Rulfo e Valentina Leduc visitan Froxán para coñecer o seu traballo de conservación ambiental

05 Xullo 2021

O labor das Brigadas Deseucaliptizadoras que a Asociación Verdegaia botou a andar en Froxán (Lousame) está a espallarse internacionalmente. Segundo informaron os responsábeis desta fronte activa a prol dos bosques autóctonos galegos posta en marcha en 2018 (que organiza cada pouco xeiras de plantación de árbores nosas e de erradicación de invasoras, poñendo o foco no eucalipto e nas acacias), a sona das Brigadas xa chegou a México, de onde proveñen os coñecidos cineastas Juan Carlos Rulfo e Valentina Leduc, que se achegaron a Froxán para filmar o seu último documentario, que explora as loitas comúns en defensa da terra dun e doutro lado do Atlántico.

Precisamente nesta fin de semana, e a pesar do mal tempo, interviron de novo as voluntarias desta iniciativa ambiental en Froxán, actuando na contorna da Casa da Susana, onde desde 2017 se veñen substituíndo acacias e eucaliptos por frondosas nativas. O traballo de conservación desa comunidade fixo que xa en 2017 fose recoñecida pola ONU como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) e que gañase varios premios internacionais.

O novo proxecto de documental de Rulfo e Leduc, Los sueños que compartimos, usa como fío condutor a viaxe que emprenderon este verán as zapatistas pola Europa para dialogar, compartir saberes e coñecer experiencias, mostrando así as historias en común das comunidades mexicanas e europeas.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.