Os casos activos da COVID en Galicia crecen un 120% no que vai de mes de xullo. Santiago rexistrou 66 novos casos

11 Xullo 2021

Os novos contaxios de Covid-19 detectados a pasada xornada en Galicia reducíronse con respecto a días anteriores, pero seguen disparados: 519, de forma que os casos activos da enfermidade superan xa os 4.500 en toda a comunidade. No que vai de mes, aumentaron case un 120%. Mais da metade dos ingresados actualizados na UCI son igual o menores de 40 anos.

Tamén sobe a presión asistencial que, con todo, mantense en niveis moi controlados: hai 67 persoas ingresadas, oito máis que hai un día.
Os casos activos de COVID-19 disparáronse de novo ata os 4.561, que son 393 máis que a xornada anterior, ao rexistrarse máis contagios (519) que novas altas (126) en 24 horas. O día 1 de xullo, os pacientes de coronavirus en Galicia eran 2.083, polo que se han máis que duplicado en apenas 10 días.

O ascenso segue sendo sostido nas sete áreas sanitarias. A que máis creceu nas últimas horas foi a de Ourense-Verín-O Barco, que notifica 97 novos pacientes e sitúa o global en 823. Séguelle a de Vigo, que suma outros 89 casos activos e consolídase como zona con máis enfermos de Covid, ata o total de 960.
Por áreas sanitarias, dos 519 novos contagios, a de Vigo notificou 111, seguida da de Ourense con 110. De terceira está a da Coruña, con 93, e tras esta sitúanse Pontevedra, con 73; Santiago, con 66; Lugo, con 46 e Ferrol, que suma outras 20 infeccións. (A)

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.