O PSdeG conmemorará o Día de Galicia coa ofrenda floral á estatua de Castelao en Rianxo

O Partido Socialista de Galicia participará este domingo 25 de xullo na celebración do Día de Galicia coa tradicional ofrenda floral á estatua de Castelao en Rianxo. Ante esta cita, o máximo dirixente do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou hoxe a renovación do “compromiso galeguista e federalista”” dos socialistas galegos.
O acto de Rianxo contará coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen destacou que “se cumpren 40 anos do Estatuto de Autonomía e tocará actualizalo para garantir novos dereitos para os galegos e galegas do século XXI”.
A Caballero acompañarano as intervencións do catedrático de Dereito e exministro de Xustiza do gobernó de España, Francisco Caamaño; a expresidente do Parlamento de Galicia, Lola Villarino; o presidente do PSdeG e senador, Xoaquín Fernández; ou a voceira socialista en Rianxo, María del Carmen Figueira, entre outros. A conmemoración do Día de Galicia rematará cunha actuación do cantautor galego Luis Emilio Batallán.