O Observatorio Astronómico Ramón María Aller celebra sesións de divulgación en Noia e Rianxo

13 Xullo 2021

Noia e Rianxo van ser novamente vilas astronómicas este verán. Esta conexión da nosa comarca coas estrelas vai ser posíbel, unha vez máis, grazas ao labor da Universidade de Santiago e o seu Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que incluíu á nosa comarca no itinerario da iniciativa As estrelas do Camiño. Haberá sesións de divulgación en 22 concellos galegos entre xullo e setembro. A cita de Noia é o 20 de xullo e a de Rianxo o 16 de agosto. As dúas enmárcanse no ciclo As estrelas do Camiño. A primeira das sesións terá lugar o vindeiro 15 de xullo, ás 22.30 horas, no Miradoiro do Lapido en Padrón.

José Ángel Docobo na sede do Observatorio da USC nunha imaxe de Santi Alvite

Cada actividade (dirixida ao público en xeral e co control de cada concello), vai consistir nunha charla previa sobre cuestións astronómicas de interese para logo pasar ás observacións, “tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da Vía Láctea”, explica o director do Observatorio José Ángel Docobo, que engade que as citas tamén incluirán observacións telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio. “Neste caso, os planetas, estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares serán o obxectivo principal, mesmo a Lúa se é o caso”, sinala.

Durante as sesións, o público, que deberá respectar escrupulosamente as medidas sanitarias esixidas en cada concello, será informado sobre as características físicas de cada astro observado, mitoloxía e demais datos adicionais, coa finalidade de que a sesión sexa “non só un interesante encontro científico-cultural, senón unha forma tamén de pasalo ben dun xeito seguro nas nosas fermosas noites estivais”, matiza o profesor Docobo.

Logo da sesión celebrada o pasado venres en Melide, o Observatorio dará pulo tamén a novas accións de divulgación en Portomarín, Sarria, Mondoñedo, Arzúa, Ribadeo, O Pino, Fisterra e Santiago de Compostela, todas elas dentro do programa Camiños de estrelas, organizado polo Consejo Jacobeo, a través da iniciativa e coordinación técnica de Turismo de Galicia, en cinco Comunidades Autónomas. Alén das nove sesións galegas, realizaranse accións de divulgación astronómica en Aragón (3 sesións), Asturias (2), Cantabria (3) e Castela e León (7).

A coordinación científica deste macro proxecto corre a cargo do profesor José Ángel Docobo, e conta coa colaboración da Agrupación Astronómica de Burgos, Agrupación Astronómica Cántabra, Agrupación Astronómica de Huesca, Agrupación Astronómica Palentina, Asociación Cielos Despejados de Oviedo, Asociación Leonesa de Astronomía e a Sociedad Astronómica Asturiana OMEGA.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.