O Concello de Boiro solicita un cribado entre a poboación nova para detectar casos asintomáticos

12 Xullo 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 12 de xullo unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Na xuntanza de traballo compartíronse os datos recentes da Consellería de Sanidade, nos que se reflicte unha suba exponencial do número de novos positivos nos últimos días. “Estamos moi preocupados pola evolución dos contaxios, polo que solicitamos xa un cribado entre a poboación máis moza para poder detectar casos asintomáticos e frear a expansión do virus”, sinalou o alcalde, José Ramón Romero, quen participou na sesión deste luns.

Na comisión tamén se informou do traballo do departamento de Servizos Sociais, que continúa coordinando os labores para asistir as necesidades derivadas da COVID-19 nas persoas con positivo ou illadas nos seus domicilios, labores como a recollida de lixo por parte do servizo municipal de Protección Civil ou derivacións a Cáritas e Cruz Vermella para a entrega de alimentos ou outros bens de primeira necesidade.

“Lamentamos que a programación cultural con motivo das festas do verán, deseñada cumprindo con todas as medidas de seguridade, servise como escusa para o descontrol e incumprir os protocolos hixiénico sanitarios”, afirmou o alcalde.

Polo que a Policía Local intensifica os controis e vixilancia, sobre todo durante a fin de semana, para evitar as aglomeracións de xente.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.