O Concello de Boiro e Medio Ambiente establecen liñas de traballo conxunto

13 Xullo 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, reuníronse onte coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, para tratar de chegar un acordo e establecer unhas liñas de traballo conxuntas entre as distintas administracións.

Neste contexto, o alcalde de Boiro presentou un proxecto para a recuperación ambiental da charca de Abanqueiro. Dita iniciativa executaríase por fases e implicaría o control da vexetación exótica da zona para evitar danos nos ecosistemas, a recuperación de augas libres e da diversidade estrutural e biolóxica da charca, e a ordenación do uso público para o seu desfrute e conservación a longo prazo.

Doutra banda, Romero trasladou que a necesidade dos empresarios por rematar a conexión pendente entre a Fase I e a Fase II do Polígono Industrial de Espiñeira. Esta actuación contempla un Proxecto de escavación arqueolóxica na área do Túmulo 3 de As Chans para a súa protección e conservación. Máis tarde, dixo, habería que proceder á urbanización do Plan Parcial do Parque Empresarial de Espiñeira, proxectada dende o ano 2008.

Pola súa parte, a conselleira de Medio Ambiente interesouse pola evolución das obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns e a posibilidade de incluír diversas especies do Catálogo de Árbores Senlleiras.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.