O comité da planta de residuos de Serra do Barbanza reuniuse co presidente da Mancomunidade para pedir certezas sobre o futuro

09 Xullo 2021

Membros do comité de FCC, empresa concesionaria da planta de residuos de Lousame, reuníronse na mañá deste 9 de xullo co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido. O obxectivo da xuntanza, segundo sinalaron os participantes, foi requirir certezas sobre o futuro da planta e dos postos de traballo actuais. Cómpre lembrar que o rexedor carnotán asumiu o pasado mes de xuño a presidencia da Mancomunidade da Serra do Barbanza, propietaria dunhas instalacións que empregan aproximadamente a 140 persoas.

Os representantes dos traballadores e das traballadoras transmitíronlle a Saborido a súa preocupación ante informacións coñecidas nas últimas semanas, que apuntaban a un posíbel cambio no modelo de xestión, polo seu impacto no emprego.

Segundo CCOO do Hábitat, Saborido comprometeuse a manter “contacto directo” coa representación legal do persoal da planta para facerlle chegar de primeira man “calquera novidade que se produza”, se ben evitou afondar en cuestións concretas porque leva poucos días á fronte da Mancomunidade.

Pola súa parte, desde o comité pedíronlle a Saborido que se liciten “canto antes os novos pregos de contratación do servizo” e que neles “se especifique con claridade que a planta continuará a traballar co actual modelo de xestión de residuos, desbotando opcións que incluso contan coa reprobación de Europa”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.