O BNG presenta no Parlamento unha iniciativa para pór freo ás verteduras na ría de Arousa

27 Xullo 2021

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da deputada Rosana Pérez Fernández e do deputado Luis Bará Torres, vén de presentar unha proposición non de lei para o seu debate en pleno relativa ao problema da contaminación na ría de Arousa. A proposta apóiase na presentación dunha denuncia, o pasado 3 de xuño no Xulgado de Instrución de Ribeira e por parte da Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña, contra a conserveira boirense JEALSA “por verteduras á ría”. O BNG opina que esta denuncia “pon negro sobre branco en relación aos ditos vertidos, que se veñen dando na zona dende hai décadas, sen que a Administración autonómica tomara cartas nun asunto que é da súa competencia”.

A deputada Rosana Pérez nunha rolda de prensa

Pérez e Bará explican que estas prácticas non só prexudican aos veciños e veciñas da zona, senón que tamén causan danos importantes ao medio ambiente e á actividade pesqueira e marisqueira da ría de Arousa, “que vén sendo menosprezada sistematicamente a pesar das múltiples queixas e denuncias do sector ao longo dos anos”.

O BNG lembra que “é a propia Fiscalía de Medio Ambiente quen asegura nesa denuncia que non consta un seguimento axeitado nin o exercicio de maneira adecuada da potestade sancionadora da Administración”.

A agrupación tamén reflicte na súa proposición que “nalgún momento os vertidos acadaron quilómetros” e “con resultado de marisco morto”. E engaden que “tamén é rechamante que os expedientes incoados á conserveira por Augas de Galicia fosen todos arquivados, agás un con imposición de sanción por infracción leve”.

Asemade, Pérez e Bará poñen o foco na problemática de Couso, en Ribeira, que motivo que o BNG presentara en novembro outra proposta relativa “ás verteduras ao mar e cheiros insoportábeis que veñen padecendo os veciños e veciñas do lugar de Couso-Aguiño, no concello de Ribeira, e que continúan a día de hoxe nunha área costeira de gran valor medioambiental e protexida”. Naquela ocasión, o BNG recorda que “o Grupo Parlamentario Popular recoñeceu que a empresa CONRESA, fábrica de fariña de peixe curiosamente moi vinculada a JEALSA, era a causante dos cheiros que levan soportando na zona tamén máis de 20 anos e anunciou un investimento dun millón de euros por parte da empresa para poñer solución ao problema”. Este investimento, lembra o BNG, “xa fora anunciado a mediados dese 2020 e hoxe, un ano despois, non nos consta que se teña realizado”.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta os seguintes puntos na súa proposición:

1. Que o Goberno galego intensifique a vixilancia e os controis de vertidos ás rías galegas, nomeadamente á ría de Arousa.

2. Efectuar un seguimento constante e exhaustivo do cumprimento das autorizacións ambientais e actuar dilixentemente en caso de incumprimentos.

3. Actuar rigorosamente no exercicio da potestade sancionadora cando proceda e establecer as medidas cautelares que contempla a normativa vixente para evitar que as actuacións irregulares e/ou ilegais se sigan producindo mentres non haxa resolución do expediente.

4. Atender decontado todas as queixas e/ou denuncias, sen dilación de prazos, que se produzan relativas a vertidos á ría de Arousa.

5. Personarse como parte interesada no procedemento de denuncia que vén de iniciar a Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña relativa aos vertidos á ría de Arousa da empresa conserveira JEALSA.

6. Instar á empresa CONRESA a iniciar inmediatamente todas as actuacións necesarias para solucionar o problema de malos olores que vén causando dende hai anos na zona de Couso-Aguiño, no concello de Ribeira.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.