O BNG denuncia un acto de vandalismo no banco LGTB de Palmeira

16 Xullo 2021

O BNG de Ribeira mostrou a súa repulsa por un novo acto vandálico contra un dos bancos que se puxeron por todo o municipio coas cores do colectivo LGBT coa finalidade de dar visibilidade á loita polos dereitos persoas. Concretamente, no banco de Palmeira, borraron a palabra “orgullo” e pintaron un pene.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, lamenta que esta non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello e recalca que “como sociedade temos que facer unha reflexión no só para deixar claro que a violencia non pode ter cabida senón tamén para illar a quen emite e promove eses discursos de odio”.

En definitiva, os nacionalistas remarcan que a LGBTfobia non ten cabida en ningún ámbito da sociedade e que se debe respectar á diversidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.