O 25,7 % dos galegos en risco de pobreza ou exclusión social

15 Xullo 2021

O 25,7% da poboación galega uns 693.900 persoa, está en risco de pobreza ou exclusión social en 2020, ano marcado pola pandemia, o que supón 1,4 puntos máis que en 2019 (24,3%), un incremento de 37.800 persoas.
É a taxa máis elevada en Galicia desde 2015, cando tamén se alcanzou o 25,7% da poboación, segundo a Enquisa de Condicións de Vida publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A cifra galega está lixeiramente por baixo da media española (26,4%), que tamén crece, no seu caso desde o 25,3% de 2019. A taxa AROPE 2020 constrúese con tres variables: poboación en risco de pobreza; con baixa intensidade no emprego (ambos os referidos a ingresos de 2019); e con carencia material.

O indicador de risco de pobreza empeora en dous puntos na comunidade galega, supón o 22% en 2020. Tamén aumentan as persoas con carencia material severa e alcanzan o 5,2% da poboación (3,6% en 2019). Con todo, descende ao 8,5% a taxa de galegos que viven en fogares con baixa intensidade de emprego, fronte ao 11,9% de 2019.
Pola súa banda, o 37,4% dos fogares galegos non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano, mentres o 28,1% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos. Así mesmo, o 8,5% realizou atrasos en pagos relacionados coa vivenda ou fixo compras a prazos. E o 6,6% da poboación ten moita dificultade para chegar a fin de mes. Con todo, a renda media por persoa en Galicia vai á alza en 2020, 11.469 euros, máis de 200 euros por encima dos 11.218 euros de 2019. (A)

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...