Na Pobra amplíase o prazo para se inscribir no concurso Galeguizando TikTok

30 Xullo 2021

A Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG),
informa de que se amplía o prazo para se inscribir e envia-los vídeos para o concurso Galeguizando TikTok, adscrito á programación impulsada para conmemora-lo Día da Patria Galega, no 25 de xullo.
Deste xeito, a data límite para a inscrición amplíase ata o día 5 de agosto e para o envío das pezas audiovisuais disponse ata o día 15 de agosto. Os vídeos deberán estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e segui-lo formato da app TikTok. As persoas participantes, que deben ter trece anos ou máis, terán que se anotar e face-la entrega da peza mediante o enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal.
Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e estabelécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha: ao máis orixinal, ao máis divertido e ao máis creativo.
As bases están ao dispor na páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.