Modificadas na Pobra as bases do proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para monitor/a de tempo libre

01 Xullo 2021

O Concello da Pobra informou da modificación das bases reguladoras do proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para monitor/monitora de tempo libre. Os cambios fixéronse en base aos escritos de alegacións presentados en relación ás ditas bases. As ditas alegacións referíanse ás titulacións requiridas e a valoración de formación na fase de concurso.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal dos postos indicados. O Concello fai saber que “resulta preciso reunir unha serie de requisitos e as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante a presentación da instancia que se recolle no anexo II das mencionadas bases, dirixida ó alcalde”.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 08.00 a 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 1 de xullo.

Se optaren por entregala nunha oficina de Correos, farano nun sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada pola funcionaria/o de Correos antes de ser certificada. Neste caso e cando se presente a instancia noutro rexistro público diferente ó da Administración local pobrense, as persoas solicitantes, antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes, deberán remitir unha copia escaneada da instancia debidamente selada ou rexistrada ó enderezo electrónico rexistro@apobra.gal.

Xunto coa solicitude débense achegar as copias simples dos documentos indicados nas bases. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na referida sede electrónica.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.