Medio cento de nenas e nenos de Porto do Son poderán participar este verán nas Xornadas de Iniciación ao Triatlón

14 Xullo 2021

O Concello de Porto do Son e o Club Artrogal presentaron as súas Xornadas de Iniciación ao Triatlón, cuxo obxectivo é “introducir nesta tripla práctica deportiva a nenas e nenos das categorías de base”. Trátase, segundo explicaron os responsábeis da iniciativa en rolda de prensa, “dunha actividade recreativa, lúdica e de ocio”, botando man da fórmula infalíbel da diversión para afianzar aos rapaces nas tres disciplinas que se inclúen (o ciclismo, o running e a natación) e no desenvolvemento de prácticas saudábeis que lles serán de utilidade ao longo das súas vidas.

As xornadas están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, divididas en dous grupos de 25, o primeiro, con horario de 17:30 a 19:00, de idades entre os 6 e os 9 anos, e o segundo, con horarios entre as 19:30 e as 21:00, para as idades de 10 a 14 anos. A inscrición é de balde e pode facerse a través de deportesdoson@gmail.com.

Dende a Concellería de Deportes do Son indican que un dos seus obxectivos é “promover o deporte de base, en idades escolares, proporcionando ás nenas e nenos tódalas alternativas que estean nas nosas mans para que se enganchen ao deporte e fagan del un hábito é incluso un estilo de vida, porque o deporte ben entendido é marabilloso, todo son beneficios”.

O concelleiro Manel Deán aproveitou a súa intervención na rolda para agradecer a colaboración do Clube Artrogal Tri 498, entidade cunha dilatada experiencia neste deporte do triatlón, “cos que agardamos seguir colaborando no futuro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...