Luz verde para dotar de beirarrúas e redes de servizo ao treito que vai de Cespón a Quinteiro

15 Xullo 2021

A xunta do Goberno local de Boiro deu luz verde á execución de beirarrúas e servizos da DP-1106 dende Cespón a Quinteiro, incluídos no POS+ Adicional 2021 da Deputación da Coruña.

O alcalde esta semana na estrada de Cespón

O Concello aprobou un investimento por importe de 352.555,64 euros do Plan de Obras e Servizos da entidade provincial para levar a cabo esta demanda que o equipo de José Ramón Romero, rexedor boirense, cualifica de “histórica”. O alcalde, precisamente, visitou o lugar no que se proxectan as actuacións.

O proxecto contempla o subministro de beira este entre os puntos quilométricos PK 4,700 e PK 6,200. O obxectivo desta actuación é “mellorar a seguridade viaria e dotar á parroquia de redes separativas de pluviais e fecais, rede de calidade de subministro de auga e alumeado público que garanta unhas condicións axeitadas de seguridade viaria”.

Máis polo miúdo, vaise actuar nun treito de 1.500 metros lineais nos que se inclúe a execución da devandita rede separativa de pluviais e fecais que contará con 30 arquetas sumidoiros e unha rede de auga potábel que permita dispoñer de abastecemento municipal, para o que se van colocar 30 acometidas domiciliarias e 3 hidrates para o servizo de bombeiros.

A obra remata coa execución dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a marxe este da estrada, que contará con alumeado público realizado con rede soterrada eléctrica e luminarias tipo LED.

O orzamento total da obra é de 352.555,64 euros, para o que se conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Complementario ao Plan Único Concellos (POS+ 2021).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.