A Xunta, JEALSA e o Concello de Santiago entre os premiados CEGASAL polo labor en favor da economía social

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego ( CEGASAL) celebrou en Santiago a súa gala anual para entregar os premios que distinguen o papel realizado por distintos organismos, empresas e persoas para visualizar a economía social e a discapacidade.

Entre os galardoados nesta edición está a empresa boirense JEALSA-Rianxeira, unha firma familiar que se dedica á fabricación e comercialización de conservas de peixe e marisco desde 1958, e que a través do seu programa WeSea colabora con diferentes proxectos sociais, ambientais e de sustentabilidade, sendo a economía social un dos eixos principais do seu programa de responsabilidade social corporativa.


Xunto co grupo conserveiro de Boiro, tamén se premiou ao Concello de Carballo, COREGAL , Dixardín, a Dirección Xeral de Maiores da Xunta polo seu servizo Accede Social rural, o concelleiro de Centros Socioculturais de Santiago José Javier Fernández e os xornalistas, Xaime Calviño e Santi Riveiro.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participan na entrega dos Premios CEGASAL, da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (CEGASAL).