Investigadores da UDC desenvolven un proxecto de arrecife artificial sustentábel

07 Xullo 2021

Investigadores do Campus Industrial de Ferrol están a levar a cabo, en colaboración coas consellarías de mar e Medio Ambiente un traballo de arrecife artificial adaptado á morfoloxía dos fondos mariños galegos. O traballo sitúase nun módulo do Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus Industrial de Ferrol.

A iniciativa enmárcase nunha colaboración iniciada en 2020 entre a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería do Mar e a UDC. A Xunta de Galicia destinou un total de 100.000 euros co fin de potenciar o traballo. Segundo coinciden estas entidades, o deseño deste arrecife é un claro exemplo “de economía circular” e que, nun futuro, “permitirá recuperar a fauna e a flora das rías galegas”. Así, ademais anunciouse que esta iniciativa validarase coa instalación dos arrecifes artificiais nos fondos areosos das rías de Ares e Betanzos, pero podería estenderse a toda a costa galega.

Cos traballos realizados no marco desta colaboración tamén se promove a sustentabilidade dos compoñentes da estrutura e dos procesos, pois, por unha banda, algúns materiais empregados son froito do aproveitamento de restos que resultan do procesado da industrial conserveira. Por outra banda, os labores efectuados contribúen a unha maior eficiencia enerxética na creación de arrecifes artificiais, pois inclúen a proposta de solución e tecnoloxías para acadar este obxectivo.

O módulo foi visitado polo reitor Julio Abalde e as conselleira Rosa Quintana e Ángeles Vázquez, quen coñeceron, da man do investigador Luis Carral Couce, os froitos desa colaboración entre a Xunta de Galicia e a UDC. Ademais, realizouse unha demostración de remolque do módulo de arrecife na que se puido comprobar o seu comportamento hidrodinámico á hora de canalizar e distribuír os nutrientes ás cavidades niño do arrecife.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...