Inaugurado o skatepark de Porto do Son

29 Xullo 2021

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou na mañá deste 28 de xullo o novo skatepark da nosa comarca, emprazado no paseo sonense de Brañón e co-financiado entre os gobernos autonómico e local por un importe de 46.000 euros (25.000 euros achegados pola Xunta e outros 20.900 euros polo concello).

Lete destacou “a importancia dos deportes urbanos” como amosan as actuacións da Xunta de Galicia neste sentido, unha aposta, dixo, que se desenvolve de xeito paralelo á evolución e a actual demanda que existe destas disciplinas. Isto, lembrou, estase a manifestar por exemplo nos Xogos Olímpicos de Toquio, que inclúen por primeira vez no seu programa modalidades como o basket 3×3 e o skateboarding, no que a coruñesa Julia Benedetti competirá o vindeiro mércores na especialidade park.

O novo parque de Porto do Son conta con diferentes elementos que permiten realizar tanto skate como parkour. A intención, sinalaron Lete e máis o alcalde Luis Oujo, é que a nova instalación siga crecendo de cara a futuras ampliacións no futuro. En total, o espazo deportivo ocupa unha superficie de 480 metros cadrados, en dúas plataformas e empregando formigón como material de construción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...