“España. Maior exportador de quenlla e raia a nivel mundial”. Antón Luaces

16 Xullo 2021

Con máis de 452 millóns de euros facturados entre 2009 e 2019, España é considerado o maior país esportador de quenllas a nivel mundial, cadrando cun informe de WWF segundo o que o 36% das especies de quenllas e raias coñecidas están en perigo de extinción.A carne destas dúas especies mariñas é un millonario negocio que factura máis de 2.200 millóns no citado período de 2009 a 2019 en máis de 200 países e territorios que as importan ou exportan, con España en cabeza e liderando as exportacións e como principal comprador de carne de quenlla. Así o evidencia o novo informe de WWF, documento que analiza a fondo este que cualifica de “complexo e opaco negocio” que, afirma, “contribúe ao declive das quenllas e raias no mundo”, cuestión que para nada fan súa as organizacións pesqueiras de España.Esta primeira análise de WWF sobre a rede mundial de comercio de quenllas a raias revela, amáis de quen son os principais importadores e exportadores de carne de quenlla e raia, senon tamén os comercializadores que desempeñan un papel esencial como intermediarios.
É ben sabido que as aletas de quenlla son moito máis caras que a carne deste escualo, mais en realidade o comercio mundial de carne de quenlla e raia é maior ca o de aletas, tanto en volume como en valor, nun mercado que domina España (que exporta carne de quenlla a 85 países e territorios) con importantes pontes comerciais entre Xapón e España, Reino Unido e España, Portugal e España, Xapón e Panamá, e China e Xapón.Por outra banda, tamén a UE se consolida coma o principal subministrador dos mercados do suroeste e o leste de Asia, e as súas propias exportacións e importacións representan arredor do 22% do comercio mundial total de carne de quenlla.O informe deixa nídiamente claro que comemos máis carne de quenlla do que imaxinabamos e que Europa non é, neste senso, unha excepción, con consecuencias graves para especies que, disque,  xa están en perigo de extinción. A carne de quenlla traspasa máis de 200 fronteiras e España xoga un papel clave como comercializador, amáis de consumidor. Un comercio global no que España -segundo Raúl García, veterano coordinador de pesqueiras de WWF España- ten un papel protagonista, con incidencia no rápido declive sufrido polas poboacións de ambas as especies.A rede mundial da carne de raia está menos diversificada: o comercio entre Argentina, como exportador, e Corea do Sul, como importador, domina o mercado, se ben algúns países europeos resultan ser clave para a estabilidade da rede comercial das raias  e teñen un importante papel que desempeñar na súa regulación.Velaí o motivo polo que WWF reclama máis transparencia e trazabilidade no seu comercio e medidas de conservación para deter o actual declive destas especies vitais, e do noso oceano. Porque, segundo o xa citado informe de WWF, o 36% das máis de 1.200 especies de quenllas e raias  coñecidas están en perigo de extinción, polo que a organización pide aos consumidores que eviten comprar ou comer carne deses animais mariños se é que non procede de fontes sustentables e rastrexables.Compre lembrar que, aló polos anos 50 do século pasado, os barcos de pesca do Barbanza guindaban ao mar calquera exemplar de quenlla ou raia capturado incidentalmente debido a que non había mercado para a súa carne.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.