En Ribeira o Concello impulsa unha nova zona verde de 120 metros cadrados na avenida da Coruña

O Concello de Ribeira informa de novos avances na súa liña de trabalo para dotar de áreas verdes o termo municipal, tarefas que están a ser despregadas pola brigada municipal de obras.

Concretamente, operarios deste departamento están a estender unha nova zona axardinada duns 120 metros cadrados na avenida da Coruña, á altura do establecemento comercial Gadis Hiper. Prevese plantar varias árbores.

Tamén está previsto, entre outras actuacións, crear ou mellorar zonas verdes en lugares como o paseo de Coroso, a avenida das Airós ou o fronte portuario de Aguiño.