En Ribeira concentración de alumnos, nais e pais da ANPA de Palmeira, en contra da supresión de aulas do centro

16 Xullo 2021
Foto ANPA

Alumnos e pais e nais integrantes da ANPA do CEIPP de Palmeira concentaronse esta mañá na Praza do Concello de Ribeira para protestar pola decisión de suprimir dúas aulas do centro. Tal como vimos informando en O Barbanza na xuntanza de onte non houbo acordo entre a a xefatura provincial de educació, xuntanza calificada pola ANPA como algo estéril.

Na concentración de esta mañá procedeuse á lectura dun manifesto que reproducimos deseguido:

MANIFESTO CONCENTRACIÓN 16 DE XULLO 2021

CONTRA A DETERMINACIÓN DA XUNTA DE RECORTAR EN EDUCACIÓN
Bos días a todos e a todas,
Queremos comezar dándovos as gracias por estar aquí, e apoiar, non só a nosa
causa, se non a de toda a comunidade educativa. Pois son moitas as familias,
ANPAs e docentes que se verán a afectados pola decisión da Consellería en
recortar en educación.
Onte, reunímonos persoalmente, coas dúas persoas responsables de decidir,
cantos nenos e nenas debe haber en cada aula, de cada centro, de toda a
provincia da Coruña: o Xefe Territorial (Indalecio Cabana Leira) e o Xefe do
Servizo territorial de Inspección Educativa (Rubén Ponte Justo).
Nesa xuntanza, deixaron moi clara a SÚA postura:
NON VAN CAMBIAR DE OPIÓN!
Van a reducir, en todos os centros educativos, todas as aulas e todos os
docentes que poidan, amparándose nunha orde de carácter estatal, que lles
permite encher as aulas, con 25 ou incluso 27 nenos e nenas, chegado o caso.
Unha norma, que so fala de MÁXIMOS por aula, pero que non limita nin os
mínimos, nin define a cantidade que debe haber para cada aula. Pois é
competencia do “funcionario” responsable, tomar esa decisión, neste caso,
Indalecio Cabana e Rubén Ponte.
E eles teñen claro que fan “ben o seu traballo”, compren as normas, e vanlle
aforrar a Consellaría unha enorme cantidade de cartos en docentes e postos
de traballo. Claramente o seu único obxectivo! Pois a CALIDADE no ensino NON
está reflectida no seu “CATÁLOGO de NÚMEROS”.
Pero a REALIDADE, é ben diferente dese “catálogo de números” do seu
despacho.
A realidade é que:
 En plena pandemia van a masificar as aulas. Aumentando o risco para o
alumnado e os docentes.
 Os mestres e mestras, con 25 rapaces na aula, NON é posible que fagan ben o seu traballo. (Como van educar aos nosos fillos e fillas, e detectar en
idades temperás, posibles dificultades no aprendizaxe? IMAXINADE 25
nenos de 3 aniños chorando a moco perdido porque non está mamá…e
agora dádelle unha atención e educación mínima a todos e cada un deles e
de calidade).
 E iso é o máis importante, XERACIÓNS ENTEIRAS recibindo unha educación
precaria por mor da MALA decisión de “2 funcionarios”, que ao seu
entender, 25 por aula, para todas as aulas, e para todos os coles por igual, é
a mellor forma de facer o seu traballo.
Pois nos discrepamos, para nos, o seu traballo é, facer cumprir es norma, pero
non por máximos, se non decidindo cal é o rateo para cada aula de cada
centro, é dicir, ADAPTAR o número de alumnado por aula ás NECESIDADES de
cada grupo de escolares e NON o revés!
Deste xeito habería aulas de 16-17-18 alumnas e alumnos, segundo as
necesidades, xa declaradas dalgún deles (pois algúns xa veñen cunha diagnose
feita por especialistas que definen claramente as súas NNEE) e tendo en conta
ademais, as posible aparición doutras non detectadas, dependendo da idade
dos rapaces e rapazas.
Son moitas as variables, tantas como variados son os nosos nenos e nenas. É
cuestión de lóxica e sentidiño común.
SENTIDIÑO COMÚN! Por desgracia, o sentido menos común de todos…
E POR ISO ESTAMOS HOXE AQUÍ,
PARA PERDÍRLLES, UNHA VEZ MÁIS,
POR FAVOR, RECAPACITADE,
TEDES O PODER DE DECIDIR, CON SENTIDIÑO,

NON AOS RATEOS MÁXIMOS!!
NON RECORTEDES EN EDUCACIÓN!!
INVERTIDE EN EDUCACIÓN DE CALIDADE!!
INVERTIDE NAS NOVAS XERACIÓNS!!
GRACIÑAS A TODAS E A TODOS POR VIR!!!

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.