En Rianxo o VI Festival Titiriberia leva unha decena de compañías entre o 20 e 24 de xullo

19 Xullo 2021

O VI Festival Titiriberia leva unha decena de compañías a Rianxo entre o 20 e 24 de xullo, nunha cita organizada pola Asociación Morreu ou Demo. Este festival, que se celebra coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebra unha edición descentralizada cunha oferta que se poderá ver en: Araño, Isorna, Taragoña, Leiro, Asados e o propio Rianxo.0

Nesta edición, os talleres de formación que tradicionalmente ofrece Titiriberia para achegarse aos nenos integraranse nos campamentos de conciliación do Concello de Rianxo. Oito das dez compañías son galegas: Larraitz Producións Artísticas, Seisdedos, Trécola, Paporrubio, Micromina, Indignati, Alakrán e Babaluva. Ademais hai unha catalá (A Fábrica Fantástica) e unha internacional, con integrantes de Portugal e Exipto ( Habib e Valeria).

Paralelamente, a programación inclúe o ‘ Varietés do barriga Verde’, de Iria Pinheiro, un espectáculo para o público adulto que mestura cabaré, teatro, monicreques e música. Poderá verse o 23 de xullo no CEIP ADR Castelao –ás 23,00 horas–.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...